4o. de ESO - Tema 7
amargem @ 18:20Para empezar, dádelle un vistazo a este enderezo, onde se trata a figura de Lourenzo Varela e a época na cal viviu.
Neste outro, encontraredes unha información ben completa sobre Luís Seoane, outro dos autores estudados neste tema.
Por último, aquí
tedes unha boa información sobre Eduardo Blanco Amor.
Non esquezades que na Biblioteca Virtual Galega podedes facer unha busca de textos destes e de centos doutros autores da literatura galega de todas as épocas. Tamén a Galipedia é unha boa fonte que sempre debedes consultar.
O cadro que ilustra este post é de Seoane e titúlase "Bodegón de calabazas", pintado en Bos Aires en 1955. Se desexas ver máis obras deste xenial pintor, clica aquí e selecciona a pestana "Colección on line".

Chúzao
del.icio.us
Non hai Comentarios »
Deixar un Comentario