Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

3o. ESO - Tema 8

amargem — 07-05-2007 GTM 1 @ 19:00

O autor estudado nesta unidade é Manuel Curros Enríquez. Para aprofundar no coñecemento deste grande poeta, dalle unha ollada ás seguintes páxinas: a entrada na Galipedia, a Fundación que leva o seu nome e máis a ficha do autorManuel Curros Enríquez na Biblioteca Virtual Galega.

4o. de ESO - Tema 7

amargem — 07-05-2007 GTM 1 @ 18:20

Para empezar, dádelle un vistazo a este enderezo, onde se trata a figura de Lourenzo Varela e a época na cal viviu.

Neste outro, encontraredes unha información ben completa sobre Luís Seoane, outro dos autores estudados neste tema.

Por último, aquí El bodegón de las calabazas, 1955tedes unha boa información sobre Eduardo Blanco Amor.

Non esquezades que na Biblioteca Virtual Galega podedes facer unha busca de textos destes e de centos doutros autores da literatura galega de todas as épocas. Tamén a Galipedia é unha boa fonte que sempre debedes consultar.

O cadro que ilustra este post é de Seoane e titúlase "Bodegón de calabazas", pintado en Bos Aires en 1955. Se desexas ver máis obras deste xenial pintor, clica aquí e selecciona a pestana "Colección on line".

Benvida

amargem — 07-05-2007 GTM 1 @ 18:09

Caros e caras estudantes:

A partir de agora, nesta páxina poderedes atopar algúns recursos que agrado que vos resulten interesantes:

- enlaces a websites con contidos relacionados coa materia de Lingua e Literatura Galegas;
- documentos e presentacións orixinais sobre algúns dos asuntos tratados na clase;
- exames corrixidos, que vos servirán para contrastar a vosa nota e para preparar os seguintes.